Manos Unidas é a asociación da Igrexa Católica en España para a axuda, promoción e desenvolvemento dos países máis desfavorecidos e en vías de desenvolvemento. Tamén é unha ONGD de voluntarios, sen ánimo de lucro, católica e segrar. Ten como misión loitar contra a pobreza, a fame, na nutrición deficiente, as enfermidades e as carencias no ámbito educativo; e traballar para eliminar as causas estructurais que as producen: a inxustiza, o desigual reparto dos bens, a falta de oportunidades entre as persoas e as comunidades para a defensa dos seus dereitos, os prezuizos, a insolidariedade, a indiferencia e a crise de valores humanos e cristiáns.
Manos Unidas en dúas liñas de actuación fundamentais:
- Sensibilización: dando a coñecer e denunciando a existencia da fame e da pobreza, as súas causas e as posibles solucións.
- Proxectos: reunindo medios económicos para financiar proxectos co obxectivo de promover o desenvolvemento integral das persoas nos países en desenvolvemento.
Conta, tamén, con recursos para traballar na aula Educación para o Desenvolvemento e a Educación en valores: Educando para un mundo máis xusto
Máis información sobre o voluntariado en #JóvenesManosUnidas
Manos Unidas Lugo contribúe ao proxecto de cooperación para o desenvolvemento "Formación técnica para jóvenes y adolescentes vulnerables en Carazo (Nicaragua)" (2024)
A colaboración está aberta para que as persoas voluntarias poidan:
- Participar en eventos solidarios, colaborando na obtención de fondos para la financiación dun proxecto.
- Participar en campañas de sensibilización para dar a coñecer o proxecto a través das redes sociais.
Lugar: Lugo
Horario: 2 horas por semana, segundo a disponibilidad personal
Datas: durante o curso académico