Ir o contido principal
XEVO TQ

UNIDADE DE ESPECTROMETRÍA DE MASAS E PROTEÓMICA

A Unidade de espectrometría de masas e proteómica do Campus Vida de Santiago mellora o seu catálogo de servizos coa incorporación do novo equipo “XEVO TQ ABSOLUTE”. Este novo equipamento permite facer análises cuantitativas, co obxectivo de detectar, identificar e cuantificar compostos a nivel traza (en moi baixa concentración) dentro de mostras complexas.

A adquisición deste equipamento foi financiada pola axuda con referencia EQC2021-007054-P da convocatoria do ano 2021 para a concesión de axudas para a adquisición de infraestruturas de investigación e equipamento científico-técnico da Axencia Estatal de Investigación a través de fondos NextGenerationEU.

LOCALIZACIÓN E CONTACTO

A Unidade de Espectrometría de masas e proteómica está localizada no Campus Vida de Santiago, no Edificio CACTUS no soto/planta -1.

esteban.guitian [at] usc.es (esteban[dot]guitian[at]usc[dot]es)  
881816264

INFORMACIÓN SOBRE A PRESTACIÓN DE SERVIZO

Solicitude de servizo LIMS

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/infraestruturas-investigacion/documentacion/tarifas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.02.2025.