A Unidade de Secuenciación e Análise de Fragmentos pon ao servizo dos seus clientes as tecnoloxías máis avanzadas no campo da secuenciación e xenotipado de ADN e ofrece soporte técnico e asesoramento para aqueles clientes que desexan introducir estas técnicas no seu campo de traballo, como apoio á súa investigación en estudos xenéticos.
Disponse da última xeración de equipos de secuenciación automática de ADN o que permite desenvolver diferentes aproximacións á análise do ADN por persoal altamente cualificado.
A Unidade de Secuenciación oferta a metodoloxía baseada na reacción química de Sanger e a posterior migración en secuenciadores capilares automáticos.
Funcionamento do Servizo
O usuario interesado pode poñerse en contacto co persoal da Unidade para solicitar información e/ou presuposto do servizo.
Para solicitar o servizo, é necesario que o usuario envíe por correo electrónico ou fax o formulario de solicitude de secuenciación debidamente cuberto.
Análises de fragmentos
- PCRs marcadas
- Microsatélites
- AFLPs,
- SNPs
Os equipos do servizo permiten a utilización de marcaxe con: 6-FAM™, HEX™, VIC®, NED™, PET®, ROX ™ e LIZ ®
Secuenciación de ADN
Nesta unidade pódese determinar a secuencia nucleotídica de mostras utilizando a química BigDye® Terminator v3.1, a partir de:
- ADN clonado en vectores
- Produto de PCR
A Unidade oferta tamén a posibilidade de realizar directamente a electroforese de mostras previamente procesadas polo usuario.
A análise de mostras inferiores ou non múltiplos de 96 terá un custo maior se se mantén o prazo de entrega de 48 horas. Nestes casos as tarifas manteranse se o prazo de entrega se pode demorar.
Fragmentos
Os fragmentos a analizar en cada pocillo deben vir previamente mesturados, se non cobrarase un custo extra de preparación da mostra.
Secuencias
Tanto as mostras como os primers deben enviarse perfectamente etiquetados en tubos tipo Eppedorf ® independentes ou en placas de 96 pocillos. Hai que procurar que o nome sexa inferior a 8 caracteres e non usar signos de puntuación.
No caso de produtos de PCR purificados polo usuario enviarase 1,5µl de primer específico a unha concentración de 5µM por mostra, e 10 µl de ADN. A concentración recomendada á que debe estar a mostra pode consultarse na seguinte táboa:
Tipo de ADN | Concentración |
---|---|
Plásmidos (3-20 kb) | 100 ng/ µl |
Plásmidos (>20 kb) e cósmidos | 200 ng/ µl |
Produtos de PCR até 500 pb | 50 ng/ µl |
*Para outros tipos de ADN consultar
Se os produtos de PCR non están purificados debe especificalo, isto suporá un custo a maiores e unha demora na entrega de resultados. É importante que o usuario se teña cercionado da presenza dun único ADN molde.
Se se prevé que a mostra poida orixinar dificultades para a súa secuenciación é importante comunicalo ao persoal da unidade para recibir asesoramento e avaliar o problema.
As mostras (tubos ou placas), xunto co formulario de solicitude de servizo de secuenciación, enviaranse en sobres acolchados por correo postal ou mensaxería (evitando envíos os venres e vésperas de festivos) a temperatura ambiente.
Plataforma de Secuenciación e Xenómica Funcional
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela