Ir o contido principal
O DSC (Calorímetro de Varrido Diferencial) determina a temperatura e fluxo de calor asociados con transicións dos materiais, en función do tempo e a temperatura.

O DSC proporciona datos cuantitativos e cualitativos en procesos endotérmicos e exotérmicos de materiais durante transicións físicas que poden ser causadas por cambios de fases, fusión, oxidación e outros cambios relativos ó calor.

O TGA-DSC permite medir dun modo simultáneo o fluxo de calor (DSC) e os cambios de peso (termogravimetría) dun material en función do tempo e a temperatura.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2022.