Caracterización de obxectos arqueolóxicos e bens culturais.
Realízase un deseño metodolóxico apropiado para cada caso concreto de estudo, aplicando as técnicas analíticas necesarias de cara a acadar os obxectivos propostos.
O estudo materialízase en forma de informe técnico ou como publicación científica se así fose acordado co solicitante.
En estudos arqueométricos que requiran doutros servizos complementarios (datacións, estudos GIS, análises orgánicas, isótopos, colorimetría, restauración de pezas, asesoramentos especializados…) non dispoñibles na Área de Infraestruturas de Investigación, pode xestionarse a súa realización por outros centros de investigación.
Servizos tarifados
- Caracterización peza [mostra]
- Procesamento [mostra]
- Tratamento estatístico [hora]
- Interpretación xeoquímico-mineralóxica [hora]
- Elaboración de informe [hora]
- Servizos de asesoramento [hora]
- Desprazamentos [hora] (quilometraxe non incluída)
- Outras analíticas da Área de Infraestruturas de Investigación [unidade]
Unidade de Arqueometría e Caracterización de Materiais
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela