A través do programa, acompañamos aos participantes no proceso de definición dunha idea de negocio e avaliamos a súa capacidade para chegar a ser un proxecto empresarial convincente, mediante un enfoque de "traballo en equipo" e "aprender facendo".
O programa ARGOS é unha iniciativa da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC e conta co apoio do Banco Santander. Está organizado arredor de tres ideas chave:
- Traballo en equipo, con perfís complementarios que maximicen o rendemento e os resultados
- Coñecementos de xestión empresarial achegados mínimo por un membro do equipo
- Acceso á carteira de resultados de investigación da USC como unha opción de plan de empresa
Os equipos deberán escoller un resultado de investigación (propio ou da carteira da USC) ou presentar unha idea propia e desenvolver un plan de negocio.
Destinatarios
Poderán participar no Programa ARGOS os seguintes colectivos pertencentes á USC:
- Alumnado dos dous últimos anos de licenciatura ou grao.
- Alumnado de Posgrao, máster ou doutoramento.
- Persoas egresadas das últimas catro promocións.
- Colaboradores e colaboradoras ou persoal integrado en grupos de investigación.
Estrutura do programa
- Rexistro: ata o 24 de outubro, na seguinte ligazón.
- Fase 0: entrevista persoal e selección de participantes ata o 27 de outubro
- Fase I: presentación de ideas de negocio e constitución de equipos, ata o 3 de novembro
- Fase II: Sesión de adestramento para o traballo en equipo o 6 de novembro
- Fase III: Formacións e desenvolvemento titorizado do plan de empresa ata o 15 de decembro
Premios
Establécense dúas categorías de premios:
- ARGOS SPIN a proxectos empresariais xurdidos a partir dalgún dos resultados de investigación xerados na USC.
- ARGOS ENXEÑO a proxectos empresariais xurdidos de ideas de negocio achegadas polos participantes no programa.
Concederase un premio para cada categoría, de 3.000 euros.
Área de Valorización Transferencia e Emprendemento (AVTE)
- Casa de Vivendas de Funcionarios
- Avenida das Ciencias, 6, 15782Santiago de Compostela
- avte [at] usc.es
Área de Valorización Transferencia e Emprendemento (AVTE)
- AVTE. Edificio CACTUS Lugo
- Campus Lugo s/n, 27002Lugo
- avte [at] usc.es