Ir o contido principal
Fotografía de Michael Schwarzenberger. Pixabay.
Ademais de asesorar e xestionar a protección de resultados de investigación préstanse servizos para buscar, negociar e xestionar acordos de licenza de tecnoloxía con empresas.

Un acordo de licenza dunha tecnoloxía adoita incluír os seguintes puntos:

  • Pagamento frontal (Upfront payment): Pagamento único que a empresa fai unha vez asinado o contrato e que nalgúns casos pode ir asociado a algún fito do desenvolvemento da tecnoloxía.
  • Pagamento por regalías (royalties): Establécese unha porcentaxe que, unha vez aplicada ás vendas anuais que a empresa faga dos produtos que inclúan a tecnoloxía licenciada, suporá un pagamento anual.
  • Inclúese o uso da tecnoloxía licenciada para usos de investigación por parte da USC.

Os beneficios obtidos froito da comercialización da tecnoloxía repártense de acordo ao Regulamento de Protección, Explotación e Participación de Resultados de Investigación Xerados na Universidade de Santiago de Compostela:

Retornos USC
Fondos xerais Grupo de investigación Persoal Inventor/Autor/Obtenedor
Primeiros 25.000 € 20 % 0 % 80 %
Dende 25.001 € ata 100.000 € 30 % 20 % 50 %
Superiores a 100.000 € 35 % 25 % 45 %

 

Así, en moitos casos, estes ingresos xeran recursos que permiten continuar as liñas de investigación dos grupos ou abrir novas liñas de traballo.

Nalgunha ocasións, o equipo que xerou a tecnoloxía está interesado en explotala mediante a creación dunha spin-off á que se lle pode licenciar a tecnoloxía, e que será a encargada de levar a cabo as tarefas de comercialización.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2023.