Ir o contido principal
Emprendedora
As EBCs (Empresas Baseadas en Coñecemento) son novas empresas que se crean para poñer no mercado produtos ou servizos que requiran o uso de coñecemento xurdido da actividade investigadora.

Unha Empresa Baseada en Conocimiento (EBC) da USC debe:

  1. Ter a súa orixe na actividade investigadora da USC.
  2. Contar coa participación de profesores, persoal técnico ou administrativo ou investigadores da USC na súa promoción e creación, con posible implicación de terceiros.
  3. Contar coa participación da USC no seu capital social.
  4. Ter un contrato de transferencia de coñecemento con contraprestacións adecuadas para a universidade, segundo o establecido na Lei Orgánica 4/2007 pola que se modifica a Lei Orgánica 6 de 2001, de universidades.
  5. Ser aprobada como tal polo Consello de Goberno da USC conforme á normativa e lexislación vixente.

Carteira de Empresas Baseadas en Coñecemento (EBC) participadas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.10.2023.