Aplicación de métodos estadísticos ás ciencias da vida e a saúde
O equipo de Biostatech está formado por especialistas cunha ampla e contrastada experiencia na aplicación de métodos estadísticos ás ciencias da vida e a saúde.
Conta con diversos produtos de asesoramento e formación, que responden ás distintas necesidades dos investigadores. Estes produtos engloban o deseño de experimentos, a análise de datos, a elaboración de informes e memorias científico-técnicas, e o desenvolvemento de publicacións científicas.