Ir o contido principal
Acelerador de Transferencia
O programa ten por obxectivo avanzar no proceso de maduración de resultados de investigación, facilitando a súa transferencia ao entorno social e económico.

O impacto social e económico dos resultados de investigación vese a miúdo obstaculizado pola existencia dunha fenda entre o status dese coñecemento á finalización do proxecto de I+D e o estado de maduración desexable desde o punto de vista do potencial interesado na súa aplicación.

Isto motivou á USC a incorporar no seu proxecto de Campus de Excelencia Internacional, Campus Vida, unha acción que permita avanzar na demostración do potencial comercial dos resultados de investigación.

O propósito do Acelerador de Transferencia é levar a cabo as accións necesarias para cubrir a fenda entre os resultados de un proxecto de investigación e un coñecemento o suficientemente maduro para que resulte de interese a unha empresa ou outro axente externo, co obxectivo de aumentar as posibilidades de transferencia e, polo tanto, as oportunidades para que o coñecemento xerado na USC teña impacto social e económico.

O Acelerador de Transferencia está aberto aos grupos de investigación de todas as áreas de coñecemento que teñan identificado algún resultado de investigación con potencial de transferencia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.02.2024.