Identificación e apoio ás persoas con Altas Capacidades.
Latento altas capacidades é unha empresa baseada na identificación e apoio ás persoas con Altas Capacidades, así como ao seu círculo familiar educativo. Leva a cabo valoracións psicoeducativas en nenas e nenos, adolescentes e adultos; intervencións individuais e grupais; orientacións a familias, asociacións e centros educativos; formación a profesorado e outros colectivos relacionados coa educación; talleres de enriquecemento e actividades puntuais relacionadas coas demandas socio-educativas. Prestan atención nas súas instalacións localizadas en Santiago de Compostela e na Coruña.