Avaliación e tratamento de dificultades da aprendizaxe
Máis info Máis info
Evoluciona ten a súa orixe no coñecemento xerado na Unidade de Dificultades no Desenvolvemento e na Aprendizaxe da USC para dar solución a un grupo heteroxéneo de trastornos que afectan a algunha capacidade cognitiva dos nenos que presentan un rango de intelixencia media. As casuísticas coas que levan a cabo avaliacións e intervencións psicoeducativas son dificultades de aprendizaxe escrita –disortografía e disgrafía-, de lectura –dislexia- e de cálculo –discalculia-.