Ferramenta de visualización de nubes de puntos LiDAR (Light Detection and Ranging).
Olivia é unha ferramenta de visualización de nubes de puntos LiDAR (Light Detection and Ranging), open-source, fácil de modificar por desenvolvedores e con soporte para visión 3D estereoscópica. Olivia proporciona os métodos básicos necesarios para calquera tipo de visualización de nubes de puntos, e pode ser estendido e personalizado con facilidade para axustarse aos requirimentos de calquera aplicación específica.
O obxectivo de Olivia é proporcionar unha forma sinxela de crear visualizacións personalizadas, que permitan entender, avaliar e presentar resultados de algoritmos para procesado de nubes de puntos.
- Autores: Jorge Martínez Sánchez, José Carlos Cabaleiro Domínguez, Francisco Manuel Fernández Rivera, Óscar García Lorenzo, David López Vilariño, Anselmo Tomás Pena Fernández.
- Tipo de licenza: GPL 3