A Universidade de Santiago de Compostela conta con tres residencias e tres colexios maiores que ofrecen en conxunto máis dun milleiro de prazas de aloxamento. Tres colexios e dúas residencias están no campus de Compostela (Colexios Maiores Rodríguez Cadarso, San Clemente e Fonseca, e as Residencias Universitarias Burgo das Nacións e Monte da Condesa) e o campus de Lugo é sede da Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay. As prazas das residencias e colexios están destinadas maioritariamente a estudantes, aínda que tamén poden ter acceso profesores e persoal de administración e servizos. Ademais hai unha reserva de prazas para estudantes procedentes do estranxeiro.
Distribución de prazas (2022/2023)
Colexio Maior - Residencia |
Campus |
Prazas |
---|---|---|
R.U. Burgo das Nacións |
Santiago |
426 |
R.U. Monte da Condesa |
Santiago |
430 |
C.M. Fonseca |
Santiago |
141 |
R.U. Bal y Gay |
Lugo |
96 |
C.M. San Clemente |
Santiago |
0 (en obras) |
C.M. Rodríguez Cadarso |
Santiago |
64 |
Prazas por sectores
Sectores | Grupo I | Grupo II | |||
---|---|---|---|---|---|
Nº de prazas | % | Nº de prazas | % | TOTAL PRAZAS | |
Estudantes de Grao | 828 | 82,63 | 61 | 6,09 | 889 |
Estudantes de Máster Universitario Oficial | 45 | 4,49 | 3 | 0,3 | 48 |
Estudantes de Programas de Doutoramento a tempo completo e Investigadores en Formación | 17 | 1,7 | 6 | 0,6 | 23 |
Estudantes de cursos de Posgrao Propios | 4 | 0,4 | 1 | 0,1 | 5 |
Membros da comunidade universitaria con necesidades educativas específicas derivadas dunha condición de discapacidade. | 25* | 2,5 | 7* | 0,7 | 32* |
Persoal docente e investigador e Persoal de administración e servizos | ---- | ---- | 5 | 0,5 | 5 |
TOTAL | 918 | 91,72 | 83 | 8,28 | 1.002 |