A Comisión para o desenvolvemento de accións a prol da comunidade universitaria de Palestina recibiu o encargo do Consello de Goberno de propoñer accións específicas para paliar os efectos na comunidade universitaria palestina.
Elevar á CRUE que solicite á Unión Europea o bloqueo inmediato e cautelar da participación de institucións israelís en proxectos de investigación propios e nas súas diferentes convocatorias.
Suspender provisionalmente toda contratación directa con empresas con sé en Israel.
Poñer en marcha e difusión do programa de micromecenado “Axudas a persoas procedentes de Palestina e outras zonas en conflito”. Xa se pode participar a través desta ligazón.
Realizar unha convocatoria de axudas para persoas procedenetes de zonas en conflito para o curso académico 24/25 [con 2 axudas máis (12 en total) ca o ano pasado, fixando unha cota específica de 5 prazas para persoas procedentes de Palestina].
Organizar unha xornada aberta (tipo mesa redonda) na Facultade de Filosofía para que acudan persoas técnicas da USC, así como persoas de entidades alleas convidadas.
Crear un Portal de Transparencia no que se presenten os Posicionamentos oficiais da Universidade, as actas desta Comisión e as accións emprendidas, así como un buzón de suxestións.