As accións da USC responden, máis concretamente, ás seguintes liñas reitoras:
-
Intensificar a presenza institucional da USC en espazos de decisión, foros e plataformas internacionais da educación superior e a súa implicación na formalización de alianzas estratéxicas.
-
Fomentar a participación da USC en redes de investigación e reforzar o seu liderado en programas europeos e internacionais, valorizando e dando maior difusión aos resultados dos proxectos de investigación e de cooperación.
-
Aumentar a potencia dos programas de mobilidade internacional do estudantado, o PDI e o PAS.
-
Enriquecer a oferta docente mediante o desenvolvemento de programas de estudos multilingües participados por outras universidades.
-
Optimizar os protocolos de atención ao estudantado e profesorado visitante internacional.
-
Mellorar o alcance dos programas de captación e retención de talento.
-
Ampliar a captación de recursos e o financiamento internacional para diversificar as iniciativas de internacionalización e de proxección global da USC.