Ir o contido principal

Artigo

Resultados

Jofre de Monmouth e Aimerico Picaud, unha disputa literaria medieval que ‘trufa’ a historia con fantasía

O docente e investigador do Departamento de Filoloxía Clásica na USC na Facultade de Humanidades José María Anguita Jaén relaciona a vida destes autores coetáneos que defenderon intereses dispares nas guerras dinásticas inglesas do século XII, ao tempo que advirte que as súas respectivas obras magnas, ‘Historia dos Reis de Britania’ e ‘Códice Calixtino’, replican as estratexias clásicas de Dares o Frigio e Dictis de Creta

A muller na banda deseñada

A biblioteca Concepción Arenal súmase ao 8M coa mostra bibliográfica "A muller na banda deseñada", unha escolla de obras de banda deseñada onde as protagonistas son as mulleres. Ademais da mostra virtual, poderá visitarse na propia biblioteca ata o 14 de marzo.

A Comisión de Seguimento do protocolo entre a USC e o Concello de Santiago cumpre coa axenda marcada e define áreas de traballo específicas na súa primeira reunión

Entre as resolucións acordadas pola Comisión nesta primeira xuntanza, tratouse a proposta de subscrición por parte da USC de acordos con entidades promotoras de residencias universitarias baixo condicións específicas de acordo co Concello. A xestión administrativa e transferencia do coñecemento, o Plan Especial do Campus, así como a delimitación dos seus viais, e as infraestruturas son os primeiros eixes de traballo para os que se constituirán grupos de traballo específicos nas próximas semanas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.