Ir o contido principal

Acto académico na memoria de Javier D’Ors Lois

17.03.2025 | 12.00h

Salón de Graos

A homenaxe será na Faculta de de Dereito. Foto: Santi Alvite
A homenaxe será na Faculta de de Dereito. Foto: Santi Alvite

A Facultade compostelá de Dereito renderalle o 17 de marzo unha homenaxe in memoriam ao profesor Javier D’Ors Lois (1948-2024). O acto académico dará comezo ás 12.00 horas e estará presidido polo reitor Antonio López.

A cerimonia contará coa participación da profesora de Dereito Romano da USC Marié Sixto da Silva e da catedrática de Dereito Romano na Universidade dos Andes (Chile), Ángeles Soza Ried, que intervirá por videoconferencia. A continuación, o catedrático de Dereito Romano da Universidade de Zürich (Suíza) José Luis Alonso Rodríguez pronunciará a conferencia ‘Ultra fines: insolvencia, papiroloxía e método orsiano’.

O acto rematará coa semblanza que do profesor D’Ors fará a profesora da USC Ana González Bustelo e cunha intervención da decana da Facultade, Ana Gude Fernández.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2025.