01.10.2025 | 12.00h
Museo Interactivo da Historia de Lugo

O catedrático da USC Ángel Carracedo pronunciará o relatorio 'Os avances en Medicina Xenómica: Desde o Proxecto Xenoma Humano ao Proxecto Xenoma Galicia', o 1 de outubro, ás 12.00 horas, no Museo Interactivo da Historia de Lugo. A conferencia enmárcase dentro do ciclo 'Destacando na Ciencia 2025'.
O evento está aberto a toda a cidadanía pero require de previa inscrición no IV CICLO a través do teléfono 881 814 588 ou no mail ivciclo [at] usc.gal (ivciclo[at]usc[dot]gal)