Ir o contido principal

CineFilo: Proxección de ‘Boi neon’, de Gabriel Mascaro

14.10.2025 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Fotografa do filme
Fotografa do filme

O 14 de outubro, CineFilo proseguirá coa súa terceira sesión no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía ás 17.00 horas.

Presentada por Mariana Killner, profesora lectora de lingua e literaturas portuguesas, o Club de Cinema da Facultade de Filoloxía proxectará nesa xornada ‘Boi neon’ (2015), do nordestino Gabriel Mascaro, e contará coa participación do Otávio Santos, compositor da banda sonora do filme.

A entrada é libre e de balde. Para estudantes da USC, a asistencia regular á meirande parte das sesións outorgará un certificado co que se poderá solicitar o recoñecemento de 1 crédito ECTS de carácter transversal concedido pola Área de Cultura da USC.
 

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.10.2025.