11.11.2025 | 17.00h
O 11 de novembro, CineFilo continúa coa súa quinta sesión no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía ás 17.00 horas.
Presentada por Itziar Burruel Larrañaga, estudante do Grao en Linguas e Literaturas francesas, o Club de Cinema da Facultade de Filoloxía proxectará ‘El esqueleto de la señora Morales’ (1960), do mexicano Rogelio A. González, para achegar o público ao ambiente do samaín cun toque cómico.
A entrada é libre e de balde. Para estudantes da USC, a asistencia regular á meirande parte das sesións outorgará un certificado co que se poderá solicitar o recoñecemento de 1 crédito ECTS de carácter transversal concedido pola Área de Cultura da USC.