Ir o contido principal

Conferencia de Decanatos de Centros Universitarios con titulacións en Artes e Humanidades (ADEAH)

02.10.2025-03.10.2025
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

A Facultade de Filoloxía da USC acolle este xoves 2 de outubro, dende as 10.00 horas, a trixésimo primeira edición da Conferencia de Decanatos de Centros Universitarios con titulacións en Artes e Humanidades (ADEAH). O foro que se estenderá ata o día 3, contará con diversas mesas redondas e terá como relatorio de apertura a conferencia titulada 'Asesoramento científico en Humanidades e Ciencias Sociais para as políticas públicas: situación actual e perspectivas de desenvolvemento', a cargo de Patricia Martínez García da Universidad Autónoma de Madrid.

A conferencia servirá de marco para reflexionar arredor de cuestións como a intelixencia artificial e as metodoloxías docentes nas Humanidades; as utilidades da Filoloxía; as Humanidades e as Ciencias Sociais nos programas formativos de Bacharelato e a metodoloxía de ensino na LOMLOE e nos centros universitarios; e os graos e postgraos internacionais nas Humanidades e nas Ciencias Sociais, con especial atención aos novos proxectos no cadro das alianzas europeas. A Conferencia servirá de escenario para a Asemblea Xeral da Asociación que terá lugar o día 3, ás 13.15 horas. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.10.2025.