10.10.2025 | 17.00h

No marco da materia 'Cine español e premios Goya' do IV Ciclo Universitario, a actriz Nerea Barros manterá unha conversa co estudantado do Programa Universitario de Maiores pero á que tamén pode asistir todo o público interesado ata completar a capacidade do espazo. O acto desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur, a partir das 17.00 horas deste venres, 10 de outubro.