Ir o contido principal

‘Escoitando o solo’. Xornadas internacionais de celebración do Día Mundial do Solo

05.12.2025 | 09.30h-14.00h

Santiago de Compostela
Aula Magna

Foto: https://oisiveraie.com/ds.html
Foto: https://oisiveraie.com/ds.html

A Facultade de Bioloxía acolle o venres 5 de decembro unhas Xornadas internacionais de celebración do Día Mundial do Solo. Baixo o lema ‘Escoitando o Solo’, a sesión inclúe presentación de proxectos e conferencias relacionadas coa ciencia do solo así como unha performance musical e a proxección dunha peza audiovisual.

A xornada inaugurarase ás 9.30 horas coa proxección da peza audiovisual ‘Falemos do solo’, que irá seguida dunha conferencia xesticulada e musical a cargo do edafólogo do Instituto Nacional para a Alimentación de Francia (INRAE) Etienne Dambrine e o músico Olivier Masson. A continuación, Juan José Villaverde, da Misión Biolóxica de Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (MBG-CSIC), pronunciará a charla ‘Coidando dos solos do viñedo’.

Xa ás 11.00 horas, estudantes de Bioloxía da USC e do papel conmemorativo do Día Mundial do Solo 2025 ‘Solos sans para cidades sans’ exporán diversos traballos, para continuar coa conferencia ‘Solos contaminados tras accidente nuclear: Chernobyl’ da man de Rocío Millán Góze, do Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT).

‘Influencia a longo prazo do uso do solo sobre a ecoloxía actual dos bosques e lagos’ é o título da charla de Étienne Dambrine, tras a que se desenvolverá unha mesa redonda que porá o broche final á xornada.

Na organización están involucrados o Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, a Sociedade Española de Ciencias do Solo (SECS) e a súa delegación territorial en Galicia que preside o investigador da USC Xose L. Otero, o CRETUS, a Misión Biolóxica de Galicia (CSIC) e os proxectos Interreg Sudoe Soil e Horizonte Europa InBestSoil.

Cartel da xornada
Cartel da xornada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2025.