16.10.2025 | 12.00h

A revista Dorna: Expresión Poética Galega será obxecto dunha exposición que baixo o lema 'Navegar en mar aberto' se inaugurará este xoves 16, ás 12.00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC.
A mostra poderá visitarse durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2025 no segundo andar da Facultade. A exposición inclúe os 46 exemplares da revista publicados até o momento, xunto cunha selección de portadas e unha escolma poética dos centos de poemas que conforman os diferentes volumes. Na inauguración participará o músico e poeta O Leo de Matamá.