Ir o contido principal

II Congreso Internacional Feminismos e Humor: Humor-Sofías

14/05/2025 - 16/05/2025

Santiago de Compostela

Cartel da segunda edición do encontro
Cartel da segunda edición do encontro

A Facultade de Filosofía acollerá unha nova edición do Congreso Internacional feminismos e humor ‘Humor-Sofías’ logo do éxito acadado na primeira o pasado ano. A cita, do 14 ao 16 de maio, reunirá máis de 60 relatoras de máis de dez países nun cartel con oferta cómica de primeiro nivel, como Flavita Banana, A Panadaría, Esther Gimeno, Isabel Risco, Patricia de Lorenzo, Lucía Aldao ou Nuria Penas.

O programa científico artéllase en torno a catro mesas de debate e oito paneis de presentacións de comunicacións sobre temática moi diversa, pero sempre coa relación entre feminismos e humor como eixo de análise e reflexión.  Haberá tamén varios ‘café con posters’, unha regueifa, un obradoiro e un peche teatral con A Panadería.

Cun equipo de organizadoras de seis universidades (USC, UCM, UAB, Middlebury College, Trinity College Dublin, University of Maryland Baltimore County) e tres países distintos (España, USA e Irlanda), a actividade obtivo financiamento na convocatoria de axudas feministas do Instituto de las Mujeres en 2024.

A asistencia a este congreso é gratuíta ata completar a capacidade da sala, previa inscrición. .

Programa do congreso
Programa do congreso
Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2025.