Ir o contido principal

Inauguración da sede de Alumni USC no Campus de Lugo

EPSE. FOTO: Santi Alvite
EPSE. FOTO: Santi Alvite

O adxunto ao Campus de Lugo, Antonio Álvarez Rodríguez, e a delegada do reitor para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, participan o 5 de decembro, a partir das 12.00 horas, no acto de inauguración da sede de Alumni USC no Campus de Lugo. A sesión que se desenvolve na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría conta tamén coas intervencións de Eva López Barrio, presidenta de Alumni USC; Rosa Romero Franco, directora da EPSE; Oscar M. Lorenzo e Ramón Álvarez, en representación do Consello Social da USC, así como representantes da Deputación e Concello de Lugo.

No transcurso do acto, procederase ao nomeamento de J.A. Pardiñas García como delegado da Sede Alumni USC Lugo e o profesor Carlos Herrero Latorre pronunciará o relatorio 'Que é Alumni, o seu futuro?'

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2025.