Salón de Actos

A Facultade de Filosofía e o Instituto de Humanidades da USC convidan a reflexionar o xoves 3 de abril sobre o auxe da extrema dereita en Europa e España con docentes especialistas na materia da USC e doutras universidades do Estado. A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.
Así, ás 12:30 horas no Salón de Actos da Facultade, intervirán Guillermo Fernández Vázquez, do Departamento de Ciencias Sociais da Universidade Carlos III de Madrid; Erika Jaráiz Gulías, do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC; Juan Antón Mellón, de Ciencia Política, Dereito Constitucional e Filosofía do Dereito da Universidade de Barcelona; Xosé Manuel Núñez Seixas, do Departamento de Historia da USC; e Ismael Saz Campos, de Historia Moderna e Contemporánea da Universidade de Valencia.
O debate, moderado por Pedro López Barja e Xavier de Donato, está organizado ademais polos grupos de investigación ‘Discurso e Identidade’ e Síncrisis.
