Ir o contido principal

Mesa redonda ‘IA e complexidade’

24.04.2025 | 12.30h

Salón de Actos

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

Os problemas, retos e oportunidades da tecnoloxía baseada na Intelixencia Artificial serán obxecto de reflexión nunha mesa redonda que, moderada polo decano da Facultade de Filosofía, Xavier de Donato, terá lugar neste centro o 24 de abril.

Participarán nela Nelly Condori Fernández, da ETSE e do CiTIUS; Pablo Ruiz Fabo, da Facultade de Filoloxía e do CiTIUS; Hadrián Montes Campos, da Facultade de Física; e Luis Miguel Varela Cabo, do Instituto de Materiais e da Facultade de Física.

Na mesa redonda trataranse aspectos como a creatividade, a computación afectiva, os conceptos de IA sostible e IA confiable e a relación da IA coa complexidade, non só como problema, senón tamén como unha perspectiva positiva que concibe a intelixencia como unha propiedade emerxente e dinámica de sistemas complexos que xurde de compoñentes que interactúan e evolucionan no tempo dentro dun ecosistema. 
 

Cartel da mesa redonda
Cartel da mesa redonda
Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2025.