07.11.2025 | 10.00h
A Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo acolle o venres 7 de novembro ás 10.00 horas unha mesa redonda sobre a selección de persoal na actualidade, organizada pola asociación Capital Humano formada por alumni da escola.
Baixo o lema ‘Selección de persoal hoxe: conectar persoas e empresas nunha contorna complexa’, intervirán nela a directora da delegación en Micofer By Empatif, María Valcarce Digón; o director de Adecco en Lugo e Santiago, Noel Muíños Diz; e a xefa de adquisición de talento en Isprox, Alejandra Jato. Modera o debate Leticia García Alejandre.