Ir o contido principal

Presentación dos resultados do Informe GUESSS

O informe aborda o espírito emprendedor do estudantado universitario. FOTO: Santi Alvite
O informe aborda o espírito emprendedor do estudantado universitario. FOTO: Santi Alvite

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC no Campus de Lugo acolle o martes 25 a presentación de resultados do Informe GUESSS sobre o espírito emprendedor do estudantado universitario. A sesión botará a andar ás 17.00 horas. 

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e o decano do centro, Roberto Bande, darán a benvida ás persoas asistentes. A seguir, e como directora do equipo GEM Galicia, responsable do informe, intervirá a profesora Loreto Fernández, quen dará paso a Jacobo Feás e Yago Atrio que presentarán as principais conclusións do estudo. Logo dunha serie de casos de emprendemento, o peche do acto correrá a cargo do secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.03.2025.