Ir o contido principal

Representación de Medea, de Eurípides, pola Compañía Teatral Noite Bohemia

29.04.2025 | 19.00h

Praza de Mazarelos

Escena de Medea, de Eurípides, pola Compañía Teatral Noite Bohemia. Foto: Noite Bohemia
Escena de Medea, de Eurípides, pola Compañía Teatral Noite Bohemia. Foto: Noite Bohemia

Medea é un dos personaxes máis importantes do teatro grego antigo e, por suposto, do teatro e a cultura universal. A feiticeira de Tesalia, sacerdotisa de Hécate, filla do rei Eetes da Cólquide e muller de Xasón, a quen axudou a conseguir o vélaro de ouro, é un personaxe moi complexo: heroína tráxica chea de dualidades entre o divino e o terreal, capaz do máis aberrante, pero muller autónoma e chea de virtudes, é muller namorada e nai, sacerdotisa e asasina dos seus propios fillos.

O mito de Medea convida a facer unha profunda reflexión sobre os límites da moralidade e sobre as zonas máis escuras da nosa identidade. A inmortal obra de Eurípides continua sorprendendo desde que foi estreada en tempos da 87ª Olimpíada.

A Compañía de Teatro Noite Bohemia que dirixe Javier Fernández Mariño é unha compañía semiprofesional cunha dilatada e premiada experiencia nos mellores escenarios, incluíndo o Teatro Romano de Mérida e o Jovellanos de Gijón. En 2011 chegoulles o Primeiro Premio Nacional Grecolatino do Ministerio de Educación español, ao que seguiron o ‘Buero’ de teatro novo e o Premio Nacional ‘Juan Mayorga’, entre outros. A Compañía tamén representou en Francia, Portugal ou Grecia (dentro do Festival de Teatro Antigo de Messini).  
 

Cartel de Medea
Cartel de Medea
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.04.2025.