Ir o contido principal

Seminario ‘Ensinando desde o feminismo en turismo: Casos aplicados’

09.09.2025 | 16.30h
na sesión amosarase como se está transversalizando a perspectiva de xénero na docencia en turismo. Foto: Santi Alvite
na sesión amosarase como se está transversalizando a perspectiva de xénero na docencia en turismo. Foto: Santi Alvite

O CETUR colabora co novo grupo motor TourGen sobre docencia en turismo con perspectiva de xénero na organización do seminario ‘Ensinando desde o feminismo en turismo: Casos aplicados’, que terá lugar o 9 de setembro ás 16.30 horas vía Teams. Nel amosarase como se está transversalizando a perspectiva de xénero na docencia en turismo.

TourGen naceu este ano como un grupo motor para traballar o turismo desde unha perspectiva de xénero e a través da interseccionalidade. Cun equipo formado principalmente por académicas dos ámbitos do turismo e da xeografía en diferentes universidades e institutos españois, e co apoio da rede CYTED (Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento), TourGen pretende ser un espazo de formación, investigación e transferencia, con diferentes obxectivos a curto, medio e longo prazo.

No webinario do martes, para o que é preciso inscribirse, participarán Daniela Freund, Nur Abellán Calvet, Alex Petrova e Idoia Herrero, nunha sesión moderada por Inmaculada Díaz Soria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.09.2025.