Ir o contido principal

Sesión extraordinaria do Consello de Goberno

19.12.2025 | 10.30h
Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite
Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite

O Salón Reitoral do Colexio de San Xerome en Santiago e a Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros en Lugo acollen este venres 19 unha xuntanza extraordinaria do Consello de Goberno da USC. A reunión comeza ás 10:30 horas, en primeira convocatoria; ou ás 10.45 horas, en segunda.

O único punto da orde do día é a aprobación, se procede, do convenio entre a Consellaría de Sanidade, a Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e as Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a descentralización da docencia do Grao en Medicina. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.12.2025.