09.12.2025 | 17.00h
Temática: Musicais
O martes, 9 de decembro, CineFilo finaliza o seu sexto ciclo cunha sesión sorpresa. Nesta ocasión estará dedicada aos musicais e será o público quen escolla o filme que se proxecte de entre unha serie de propostas sen identificar.
A sesión, de balde e aberta a todos os públicos, terá lugar ás 17:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía. Presentaraa o estudante do Grao en Lingua e Literaturas Hispánicas Alén Touza Gómez.