Ir o contido principal

Workshop ‘Social cognition ad collective agency’

18.07.2025 | 10.00h-17.00h

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas

Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite

A cognición social e a axencia colectiva centrarán un workshop internacional o venres 18 de xullo, de 10 a 17 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Filosofía.

A cognición e a acción non son temas só de individuos: os colectivos, os grupos, as institucións tamén exhiben un comportamento que responde ou pode responder a razóns. A propia acción e a cognición humana están condicionadas, determinadas  ou moldeadas por elementos colectivos e sociais que teñen que ver con aspectos do noso aprendizaxe e do noso lugar no conxunto da sociedade á que pertencemos.

Este evento científico, que se desenvolverá enteiramente en lingua inglesa, trata de explorar todas estas cuestións, desde a de como os grupos basean as súas actitudes, decisións e accións en certas razóns (compartidas) á cuestión da interacción entre animais humanos e non humanos. O estudo da acción e a cognición humanas require entender non só accións e decisións individuais, senón tamén como se articulan estas para configurar accións e decisións colectivas e sociais que, á súa vez, modifican e matizan as nosas accións e decisións individuais.

Na xornada participarán Sophie Keeling, da UNED; Kenneth Silver, do Trinity College de Dublin; Javier González de Prado, da UNED; e Dorna Behdadi, da Umeå University. Existe tamén a posibilidade de seguilo en liña
 

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.07.2025.