19.02.2025 | 16.00h
Salón de Actos

Abordar as experiencias e perspectivas queer coa fin de achegar a temática a toda a comunidade universitaria é o obxectivo da xornada ‘Unha educación queer é posible. Novas perspectivas no Sistema Universitario’ que se desenvolverá o 19 de febreiro na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur.
O encontro, que comeza ás 16.00 horas, contempla unha charla sobre epistemoloxías queer a cargo de Enrique Latorre e Teresa Moure e outra sobre pedagoxías, coa intervención de Mavi Carrera e Aixa Permuy. Rematará a xornada co panel de experiencias no que participarán Nacho E. Domínguez, Daniela Ferrández, Anxela Lema e Andrea Nunes.
