Auditorio
É unha actividade de entrada libre e gratuíta organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e o patrocinio da Secretaría Xeral de Medios

De entrada libre e gratuíta a xornada 'O impacto da intelixencia artificial no xornalismo: riscos e oportunidades' abordará o vindeiro 7 de abril a influencia da irrupción da Intelixencia Artificial (IA) na práctica do xornalismo. Se ben presenta grandes potencialidades como ferramenta para automatizar tarafes repetitivas ou analizar datos a grandes escala, o seu uso na profesión ten suscitados numerosas dúbidas éticas e legais, ademais de ameazas como a posible substitucion de profesionais por máquinas, prescindicindo da reflexión xornalística e impulsando a produción en masa de desinformación. Esta xornada buscar ponderar cales son as posibilidades reais e o uso que se está a facer realmente desta tecnoloxía na nosa contorna, así como os desafíos que representa para o futuro da profesión. A inscrición xa se pode formalizar enviando o nome completo, DNI e número de teléfono ao correo electrónico xornalistas [at] xornalistas.gal (xornalistas[at]xornalistas[dot]gal). As persoas inscritas poderán solicitar un certificado de asistencia.
A xornada comezará ás 9.00 horas coa presentación a cargo da decana da Facultade de Ciencias de Comunicación da USC, Ana Isabel Vázquez Rodríguez; da decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Belén Regueira Leal; e do presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez Lorenzo. A continuación, Verónica Bolón, investigadora en intelixencia artificial e profesora na Universidade da Coruña, e Alba Meijide, consultora independiente de IA, debaterán sobre 'O momento IA: Como chegamos aquí e cara onde imos, baixo a moderación´de Fernando Suárez. Tras unha pausa, a actividade retomarase ás 12.00 cunha mesa de debate sobre 'Os medios ante o reto da IA desde a perspectiva galega', cunha mesa redonda coa presenza de Alba Chao, xornalista de Faro de Vigo; Marcus Fernández, webmaster de Código Cero; Raúl Romar García, xornalista de La Voz de Galicia; e Xabier Rolán, profesor titular da Universidade de Vigo; coa moderación de Lucía González, vicepresidenta da Asociación Galega de Márketing (Markea).
E o peche da xornada chegará ás 13.30 horas coa conferencia de clausura do catedrático de Xornalismo da Universidade de Navarra Ramón Salaverria, que disertará sobre 'A IA no xornalismo actual' nunha mesa que modera Xosé López García, catedrático de Xornalismo da USC. Salaverría, que é membro da Academia Europæa e entre 2022 e 2023, dirixiu o Comité de expertos do Consello de Europa para aumentar a resiliencia dos medios.