Ir o contido principal

Xornada internacional ‘Tecendo Coidados. Construíndo Masculinidades Igualitarias desde a Mocidade’

07.10.2025 | 09.30h-20.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Tecendo coidados
Tecendo coidados

As tres universidades galegas organizan o 7 de outubro unha nova xornada internacional co lema ‘Tecendo Coidados. Construíndo Masculinidades Igualitarias desde a Mocidade’. A actividade pretende pór no centro o valor dos coidados e a construción de masculinidades igualitarias entre a mocidade, evitando seguir reproducindo relacións de poder que impiden avanzar cara a sociedades máis xustas e inclusivas.

Realizada ao abeiro do Plan Corresponsables 2025, a xornada desenvolverase no Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC a partir das 9.30 horas co acto inaugural. A continuación, Octavio Salazar Benítez pronunciará o relatorio ‘Pode ser o feminismo unha proposta emancipadora para os homes?’ e Mar Venegas Medina fará o propio con ‘O bocexo como trincheira: 'Fatiga feminista', masculinidades e a batalla invisible dos coidados’. Xa ás 12.00 horas terá lugar unha mesa de debate cos membros do Consello de Estudantes das Universidades do SUG Samuel Merino e Iván Roiz Pereda.

A sesión da tarde comezará ás 16:30 horas co relatorio do profesor da USC Jorge García Marín ‘Coidar é revolucionario: tamén para os homes’ e proseguerá cun obradoiro  cargo de Juan José Lorenzo Castiñeiras. As xornadas clausuraranse ás 20.00 horas logo do debate das conclusións.

Para asistir á xornada é preciso inscribirse previamente

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2025.