
A Facultade de Filoloxía acolle o 10 de xuño, en horario de 9:45 a 17:15 horas na aula B13, a xornada Redes culturais desde a perspectiva hispánica: discursos e aproximacións metodolóxicas.
Organizada polo Grupo de investigación de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, afondará nos distintos eixes discursivos e metodolóxicos que atinxen as redes culturais tecidas en torno a autores literarios, revistas ou institucións, sen esquecer a monumentalización da posvida literaria.
A xornada, de asistencia libre, busca ofrecer unha valiosa achega ao tema desde unha pluralidade de enfoques metodolóxicos que comprenden desde a narrativa dos epistolarios ata a forte pegada das Humanidades dixitais, sen esquecer a perspectiva de xénero.
A xornada contará coas intervencións do relevante persoal investigador José Teruel Benavente, Margarita Garbisu Buesa, Santiago López-Ríos e Diana Roig-Sanz.