Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="http://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Un total de 24 titulados da USC acadan os Premios Fin de Carreira 2010

Un total de 24 titulados pola USC recolleron este mércores 6 no edificio administrativo da Xunta de Galicia os galardóns que os acreditan como os Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma Galega, nas súas respectivas titulacións. Da Universidade da Coruña recibiron o premio 12 titulados e da de Vigo outros 18. Presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, no acto de entrega dos premios interveu o reitor da USC, Juan Casares, en representación das tres universidades galegas. Esta convocatoria estaba dirixida ao alumnado universitario matriculado en centros de calquera das universidades galegas que rematasen o seus estudos no curso académico 2009-2010 co obxectivo de facer un recoñecemento expreso da súa excelencia académica. A convocatoria dos premios contemplaba un único premio ao alumnado coa nota media do expediente académico máis alta en cada unha das titulacións distintas impartidas nas universidades do SUG. Os premiados recibiron unha contribución en metálico de 3.500 euros e un diploma acreditativo da distinción.

A relación de premiado pola USC integrárona Ánxela Murillo (Educación Social), Miguel A. Vázquez (Enfermaría), Verónica Iglesias (Mestre, educación primaria), Carmen Vidal (Mestre, lingua estranxeira), Antía Blanco (Óptica e Optometría), Sara Merayo (Traballo Social), Natalia Álvarez (Ciencias Políticas e da Administración), Victoria Martínez (Farmacia), José Carlos Rodríguez (Filoloxía Clásica), Gonzalo Hermo (Filoloxía Galega), María Carmen Sampedro (Filoloxía Hispánica), Tania de Dios (Filoloxía Inglesa), Belén Vázquez (Filosofía), Miguel Giménez (Física), Adriana Prieto (Historia da Arte), Carmen Tojo (Medicina), Ángel Abuelo (Veterinaria), Ricardo Saavedra (Xornalismo), Noelia Méndez (Enxeñaría de Montes), Fernando Moreno (Enxeñaría Química), Susana López (Enxeñaría Técnica Agrícola, especialidade en Hortofruticultura e Xardinaría), Gonzalo Gómez (Enxeñaría Técnica Agrícola, especialidade mecanización e construcións rurais), Bran Casal (Enxeñaría Técnica Agrícola, especialidade en explotación forestais) e Sharay Astariz (Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en química industrial).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.04.2011.