Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="http://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
O Institut Ramon Llull mantén aberto o prazo de inscrición para as probas de obtención dos Certificats de Llengua Catalana na súa edición correspondente a 2023. Os certificados son emitidos por esta institución e válidos tanto para a comunidade universitaria como para o público en xeral. O prazo de inscrición e pagamento esténdese ata o 15 de marzo.
As datas dos exames segundo os niveis convocados na sede da USC para toda Galicia son: Bàsic (A2) / Elemental (B1) o 6 de maio, Intermedi (B2) / Superior (C2) o día 13 do mesmo mes, e Suficiència (C1) o 20 de maio. Pódese obter máis información nos enderezos electrónicos arnau.vives@usc.es e dolors.perarnau@usc.gal.
Cartel das probas
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2023.