Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="http://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Aberta a inscrición para as sesións de Conversas do CLM

As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición e que non teñan o nivel asignado polo CLM, terán que facer un test de nivel. FOTO: Santi Alvite
As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición e que non teñan o nivel asignado polo CLM, terán que facer un test de nivel. FOTO: Santi Alvite
Os idiomas ofertados neste segundo semestre son inglés, francés e checo
Santiago de Compostela

Inglés, francés e checo son os idiomas que se ofertan no marco das Conversas do Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC, sesións de conversación dirixidas por profesorado orientadas á práctica da expresión e a interacción oral, nas que se afianzan estruturas lingüísticas, repásase vocabulario, mellórase a pronuncia e gáñase en fluidez. Os requirimentos para solicitar praza poden consultarse na web do CLM.

Segundo a lingua e o nivel, os encontros poden desenvolverse de xeito presencial nas aulas da USC, cun máximo de ata seis alumnos e alumnas; ou en liña a través de MS Teams, con catro integrantes, alén do profesorado especializado.

As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición e que non teñan o nivel asignado polo CLM, terán que facer un test de nivel por internet ou unha titoría de acceso. Deberán enviar un correo electrónico a clm@usc.gal e inscribirse no test dende a secretaría virtual da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2024.