Acto conmemorativo co gallo da festividade de San Isidoro na Facultade de Humanidades
A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo abrirá este mércores, a partir das 12.00 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades, o acto conmemorativo con gallo da festividade de San Isidoro, patrón do centro universitario lugués.
A decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey; o concelleiro delegado das áreas de Deporte e Medio Rural do Concello de Lugo, Miguel Fernández, e o deputado provincial Pablo Rivera Capón, tamén intervirán nesta celebración, durante a que o profesor Luis Miguel Fernández Fernández ofrecerá un relatorio baixo o título ‘Un mito entre dos aniversarios. Don Juan no cine e a televisión’.
A Facultade de Humanidades aproveitará o acto da festividade do patrón para render unha particular homenaxe ao profesor Luis Miguel Fernández, que vén de xubilarse este curso, así como para entregar os premios extraordinarios de fin carreira aos estudantes de grao e posgrao que completaron o pasado curso os estudos o curso pasado con mellor expediente académico.