Ir o contido principal

Acto de graduación das novas promocións de Ciencias da Cultura e Lingua e Literatura Españolas na Facultade de Humanidades

A Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC celebrará este venres 30 de xuño, a partir das 17.00 horas, no salón de actos do centro, o acto de graduación das últimas promocións de estudantes que completaron os estudos de grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e Lingua e Literatura.

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, será o encargado de presidir esta cerimonia académica, na que tamén intervirán como relatores a decana da Facultade de Humanidades da USC, María Isabel González Rey; o concelleiro e portavoz do goberno local do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, e o deputado provincial Álvaro Santos Ramos.

Os profesores Alexandre Veiga e Gonzalo Francisco Fernández Suárez, que actuarán como padriños das novas promocións de grao en Lingua e Literatura Españolas e Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, respectivamente, tamén intervirán nesta sesión, do mesmo xeito que os estudantes Mario Fernández López, Francisco Folgueira Ríos e Hanyu Zhang, que, como representantes do alumado de cada unha das titulacións, farán un repaso da súa estadía no centro universitario lugués.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.06.2017.