Ir o contido principal

A Aneca desenvolve unha xornada en liña sobre os criterios de avaliación da actual convocatoria de sexenios de investigación

Esta é unha sesión en liña, sen necesidade de rexistro previo, dirixida a profesorado e persoal investigador. Foto: Santi Alvite
Esta é unha sesión en liña, sen necesidade de rexistro previo, dirixida a profesorado e persoal investigador. Foto: Santi Alvite
O profesorado e persoal investigador poderán realizar as súas consultas a través desta xornada que se poderá seguir en Twitter e Youtube sen necesidade de rexistro previo
Lugo, Santiago de Compostela

Profesorado e persoal investigador son os destinatarios dun encontro en liña organizado pola ANECA para achegar información de interese sobre os criterios que se aplicarán na avaliación das solicitudes que se presenten á convocatoria de sexios de investigación.

A sesión está programada para este xoves 14 de xaneiro e desenvolverase  en directo a través de Youtube e Twitter enmarcadas nas #Conversaciones_con_ANECA. As persoas interesadas poderán participar e formular preguntas na xornada sen necesidade de rexistro previo. Nesta edición, participarán Mercedes Siles Molina, directora de ANECA; Javier Llorens, coordinador de sexenios de ANECA; Ana Hidalgo, xefa da Unidade de avaliación de sexenios de investigación, así como presidentas e membros dos Comités de Avaliación.

Está previstas un total de catro sesións específicas organizadas por áreas de coñecemento. A primeira, a partir das 9.00 horas, está dirixida a Química, Bioloxía celular e molecular, Ciencias biomédicas e Ciencias da Natureza. Deseguido, de 12.00 a 13.00, será a quenda de Matemáticas e física, Tecnoloxías mecánicas e da produción, Enxeñarías da comunicación, computación e electrónica e Arquitectura, enxeñaría civil, construción e urbanismo. A terceira sesión, de 16.00 a 17.00 horas, está dirixida a persoal de Ciencias sociais, políticas, comportamento e estudos de xénero; Ciencias da educación; e Ciencias económicas e Empresariais. Finalmente, de 19.00 a 20.00 horas, as conversas estarán dirixidas ao ámbito do Dereito e xurisprudencia; Historia, xeografía e artes; e a Filosofía, filoloxía e lingüística.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2023.