A Área de Deportes da USC no Campus de Lugo organiza unha rota de sendeirismo por Sobrado dos Monxes
A Área de Deportes da USC está a organizar unha rota de sendeirismo prevista para o vindeiro 27 de xaneiro e que percorrerá unha distancia de 18 quilómetros pola zona de Sobrado dos Monxes. O desnivel da rota é baixo e a súa dificultade media-baixa, realizándose a saída ás 9:00 horas dende a Facultade de Veterinaria e regresando aproximadamente ás 18:30 horas.
O prazo de inscrición remata o mércores 24 de xaneiro, sendo o seu prezo de 15 euros para os estudantes da USC, PAS, PDI, e ex alumnos, e de 20 euros no caso do persoal alleo á USC. Os interesados deben dirixirse ás oficinas da Área de Deportes de Santiago ou Lugo.