Ir o contido principal

A Biblioteca Intercentros abre un centro de interese sobre a vida cotiá, usos e costumes da Antiga Roma co gallo do ‘Arde Lucus’

Dolores Dopico, na inauguración do centro de interese 'Ave Canem', na Biblioteca Intercentros
Dolores Dopico, na inauguración do centro de interese 'Ave Canem', na Biblioteca Intercentros
A mostra ‘Cave Canem’, que recolle unhas 50 obras, proba “vicios e virtudes da Antiga Roma perviven aínda na sociedade actual”, segundo a profesora Dolores Dopico

O centro de interese ‘Cave Canem’, inaugurado este xoves na Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC e que agroma preto de 50 obras de diversa temática, proba que “vicios e virtudes da Antiga Roma perviven na sociedade actual”, segundo indicou a profesora do Departamento de Historia na Facultade de Humanidades, Dolores Dopico, no acto de apertura desta escolma bibliográfica, organizada co gallo da celebración do Arde Lucus e que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 23 de xuño.

A temática sobre a que versan as obras incluídas neste centro de interese é moi diversa, do mesmo xeito que o era a vida cotiá, usos e costumes da Antiga Roma, que constitúe o fío condutor desta mostra. A actualidade, por no falar de vixencia, de moitos dos asuntos tratados nesta mostra, reflexa que “dous mil anos despois, seguimos a estar moito máis preto da Antiga Roma do que poderíamos pensar”, dixo Dolores Dopico. A profesora da Área de Historia Antiga da USC na Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC salientou, a modo de exemplo, a pervivencia da expresión ‘Cve Canem’, ben de xeito literal "coidado co can", traducións, adaptacións... en moitas vilas e cidades. Xunto con esta herdanza, a o populismo do manido ‘Pan e circo’ ou a crítica a corrupción dos maxistrados, con outras escenas ou comportamentos da Antiga Roma tamén replicadas na sociedade actual. Dolores Dopico aproveitou tamén na inauguración do centro de interese ‘Cave Canem’ para manifestar publicamente os seus parabéns a todo o persoal da Biblioteca Intercentros, e á súa directora, Julia Cantalapiedra, por desenvolver este tipo de iniciativas, que “requiren imaxinación, ademais de traballo e dedicación”, dixo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.06.2016.