A bioinformática, novo workshop organizado pola Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus Vida
A Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus Vida organiza en Santiago un workshop sobre bioinformática no que se abordarán cuestións como a bioinformática estrutural, o modelado biolóxico e a minería de datos. O evento científico desenvolverase o 4 de xuño na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) a partir das 10.00 horas. Será Mark Sansom, da Universidade de Oxford, quen dea comezo ás sesións nas que participarán especialistas dos centros singulares da USC CIMUS, CIQUS e CITIUS. A conferencia de clausura rematará coa intervención do profesor Antonio Bahamonde, da Universidade de Oviedo. Todas as persoas interesadas en participar no seminario de traballo poden facelo xa de maneira gratuíta.