Ir o contido principal

Carmen Blanco falará sobre a represión das mulleres na guerra civil no encontro de 'Vermellas'

O 20 de abril na Facultade de Veterinaria

A escritora e profesora do departamento de Filoloxía Galega e Portuguesa do Campus de Lugo Carmen Blanco intervirá no Encontro arredor da Mostra ‘Vermellas’, que o luns 20 xirará en torno á resistencia e represión das mulleres anarquistas durante a guerra civil. A charla terá lugar na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria ás 19:00 horas.
A exposición ‘Vermellas’, enmarcada no programa Lugo Cultural, estará aberta de luns a venres ata o 5 de maio, de 13:30 a 16:30 horas e de 19:00 a 21:00 horas. Tamén se poderán concertar visitas guiadas chamando ao teléfono 982.285.900. Ext. 21511.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2009.